Expediente |
CON/77/2010 |
Organismo |
Ayuntamiento de Santiago de Compostela |
Código Postal |
15705 |
Fecha de publicación |
02/07/2010 |
Santiago de Compostela
Sección Municipal de Contratación
Licitación das obras de Restauración do Monte de Deus. Fase II
ANUNCIO DE LICITACIÓN DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
OBXECTO DO CONTRATO: Proxecto de restauración do Monte de Deus. Fase II.
Esta contratación forma parte das actuacións incluidas no Programa Urbana Santiago Norte, cofinanciado pola Unión Europea con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), dentro do Eixo número 5 (Desenvolvemento sostible local e urbano) do Programa Operativo do FEDER en Galicia para o periodo 2007-2013.
REFERENCIA DO EXPEDIENTE: CON/77/2010.
TIPO DE LICITACIÓN: 104.709,89 euros.
PRAZO DE EXECUCIÓN: Establécese un prazo de execución de 3 semanas.
ADXUDICACIÓN: Procedemento Aberto.
PROPOSICIÓNS: Os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela (R/ Presidente Salvador Allende nº 4, CP 15705 Santiago), entre as 9.00 e as 14.00 horas, dentro do prazo de 26 días naturais, a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia da Coruña.
DOCUMENTACIÓN: Copy Estudio. R/Nova de abaixo, nº 19-21, local 2. Tlfno.: 981-593385.
INFORMACIÓN: Perfil municipal de contratante: www.santiagodecompostela.org. Correo electrónico: plopezb@santiagodecompostela.org.
CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN: Son os sinalados no artigo 10.2 do prego de cláusulas administrativas.
GARANTÍA DEFINITIVA: 5% do importe de adxudicación.
APERTURA DE PLICAS: As datas de apertura dos sobres que conteñen os diferentes criterios de adxudicación a valorar nesta licitación, que terán lugar en acto público no Departamento de Contratación (R/ Presidente Salvador Allende nº 6-8), anunciaranse previamente no perfil de contratante do órgano de contratación nos termos sinalados no correspondente prego de cláusulas administrativas.
GASTOS DE ANUNCIOS: O gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2010.
O ALCALDE,
Asdo.: José A. Sánchez Bugallo
2010/9540
??
??
??
??
Fuente de información: B.O.P. A CORUÑA Nº 124
Fecha de publicación: 02 de Julio de 2010