Descripción |
Advertido erro material no prazo de execución das obras incluídas no proxecto de restauración do Monte de Deus, FASE II e, consecuentemente, nos pregos que serven de base á contratación dos citados traballos e nos anuncios publicados no Boletin Oficial da Provincia de data 2 de xullo de 2010 e no perfil municipal de contratante, ponse en coñecemento dos licitadores que a Xunta de Goberno Local na súa sesión de data 13 de xullo de 2010, acordou a subsanación do citado erro, consistente en establecer como prazo de execución das obras o período de 8 semanas en lugar das 3 semanas que, por erro, se fixaron orixinariamente.
Como consecuencia da citada subsanación amplíase o prazo para a presentación de proposicións en 13 días naturais, a contar desde o día seguinte a aquel no que remataba inicialmente o prazo de licitación (28.07.2010), finalizando agora o vindeiro 10 de agosto de 2010.
A contratación destas obras forma parte das actuacións incluidas no Programa Urbana Santiago Norte, cofinanciado pola Unión Europea con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), dentro do Eixo número 5 (Desenvolvemento sostible local e urbano) do Programa Operativo |